14 de agosto de 2012

Linguaxe.



Canta teima ten a xente.
O galego non é só un idioma para escribir sobre bolboretas, carballos e amenceres. O galego é unha lingua cuxo romanticismo vai máis aló da beleza dos nosos paisaxes. Mal noxo de textos evidentes. É unha lingua bela por sí mesma. Desas linguas que escoitas e dís: este home ben podería agochar un poeta dentro de sí. ¿Sorprenderanos outra vez?
Dou gracias por superar os prexuizos que tiven non fai agora moito tempo, e prego para que os demáis algún día puideran deixalos atrás tamén. O galego é unha lingua que me fai estarricar cada vez que a escoito. Invítame á introspección e a múltiples liñas de pensamento. Quizais por iso non me comunico coa xente en galego; quizais porque teño medo de mancillar a lingua con cousas cotiás. Quizais porque non teño costume e non a sei empregar correctamente.

Oir falar galego dame ganas de chorar.
Quizais porque ninca chegarei a ser a galega que eu quero, e nunca poderei ser outra cousa.

1 comentario: